Thursday 02 de May de 2024

Encontro coa hostalería de Fene para organizar o XIV Concurso de Tapas


O Concello de Fene chama á hostalería local a participar no encontro que terá lugar o martes 23 de abril ás 16h

O Concello de Fene vén de iniciar os preparativos para a celebración do XIV Concurso de Tapas, que terá lugar nas próximas semanas. O certame, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo, ten por obxectivo dinamizar o sector da hostalería cun evento que premia o sabor, a calidade e a aparencia dos petiscos.

A hostalería fenesa está chamada a participar nun encontro que decorrerá o próximo martes -23 de abril- ás 16h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene, no que se pecharán as datas concretas do concurso e tamén outras cuestións relativas á organización do mesmo.

A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, animou a toda a hostalería fenesa a participar coas súas creacións “nun certame que converterá a Fene na capital da tapa”, e que fomenta “o coñecemento da ampla oferta hostaleira que temos no municipio”.

Premios ás mellores tapas

Como en anteriores edicións, o Concello de Fene repartirá os pasaportes “Fenerruta”, que as persoas que participen no concurso deberán ir selando conforme proban as diferentes tapas. Cos seus votos, elixirán a Tapa Popular Creativa e a Tapa Popular Tradicional, e ademais participarán para gañar diversos agasallos, que se desvelarán proximamente.

Un xurado especializado tamén se encargará de probar todas as tapas do concurso para outorgar os premios da Tapa Creativa e Tapa Tradicional, valorando aspectos como os ingredientes, a ealboración, a creatividade, o sabor, a presentación e o concepto.

Deja un comentario